martes, 2 de xuño de 2020

Puntuación Final: 39.347


O xogo "xaque ao virus" chega  ao seu final acadando case 40.000 antivirus obtidos polos 27 centros participantes tras 10 semanas de xogo.

un total de 5.521 respostas aos retos propostos (máis de 500 por semana),  xunto coas máis de 700 participantes en sesións on-line, fixeron posible acadar 39.286 puntos.

o reparto destes puntos foi o seguinte:






Só nos queda agradecer a participación de todas as familias e a colaboración desinteresada de músicos, actrices, escritores e demáis personalidades do mundo da cultura que animastes a participar aos nenos e nenas dos diferentes colexios da cidade.

grazas e moito ánimo!!!

venres, 29 de maio de 2020

Entrega de Diplomas e Medallas

Vos informamos que este 1, 2 e 3 de Xuño se fara unha entrega de diplomas e medallas a todos os nenos e nenas que participaron no programa ``Xaque ao Virus´´.


Esta entrega farase no Forum Metropolitado nos dias indicados no parrafo anterios e no horario de 16.00h a 18.00h. 

Como no forum aun no esta aberto ao publico, na entrada deberedes de identificarvos e sera obrigatorio o uso de mascarilla. 



Moitas grazas de novo pola vosa implicacion neste programa. Esperamos que todos pasedes un bo verán, un bico forte dons monitores deste blog. 




xoves, 28 de maio de 2020

Unha nova etapa comenza...

Como xa os dixemos na publicación anterior esta semana rematamos co programa educativo ``Xaque ao Virus´´ e os queremos agradecer de novo a vosa participación. 

A partir do dia 22 de xuño comenzaremos unha nova etapa dando paso a ``Con Cilia Verán 2020´´Este programa organizado Federacion Provincial de ANPAS conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliacion das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este periodo vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal  desta proposta. 

Aquí os deixamos uns enlaces onde podereis consultar calquer información do programa.
https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-veran-2020
Pinchade na imaxe e accederedes a páxina relacionada: 







mércores, 27 de maio de 2020

Reto final

Estamos na última semana de Xaque ao Virus, e en concreto no reto final... Pero hoxe non traemos ningún reto nin ningunha última proposta para vós. Simplemente queremos agradecervos o esforzo e dedicación que tivestes ao longo destas semanas, agradecervos por decidir ser parte deste xogo, por animarnos tamén a nós coa vosa implicación. Esperamos que polo menos vos puidéramos axudar cos retos a mantervos un pouco máis entretidos e entretidas nas vosas casas.

Por iso hoxe aproveitamos esta entrada para publicar algunhas das respostas que nos foron chegando ao longo dos días como respostas aos retos propostos. 

MOITAS GRAZAS!!!
































martes, 26 de maio de 2020

Aprende xogando

   Bos días a todos, a entrada de hoxe no blog e para mostraros una página web moi entretida e educativa xa que nuestra páxina ofrecense moitisimos xogos centrados na aprendizaxe, estos xogos están organizados por cursos e asignaturas, dende xogos para menos e nenas de educación infantil ata para os mais maiores de 5° e 6° de primaria. 
   Se vos animades a entrar e xogar a algún de todos os xogos que teñen seguro que vos gustará e aparte aprenderedes cousas novas xogando. 
   Clicando enriba de "xogos educativos" entraredes directamente a esta páxina.

luns, 25 de maio de 2020

Clasificación Xeral 9

Comeza a derradeira semana de Xaque Ao Virus con case 40.000 antivirus acadados entre todos os centros participantes. 



Unha vez máis, agradecer a vosa participación. Aproveitade as sesións desde a casa esta semana, pois tamén suman puntos!

Este é o calendario da semana:

Reto 28


RETO MENTE EN FORMA: Sombras chinescas



O reto que vos imos a propoñer hoxe trata de realizar as sombras chinescas, que se consegue cando interpos as mans ou outros obxetos entre unha fonte de luz e una superficie clara (pantalla ou parede), de maneira que a posición e o movemento das mans proxectan sombras que representan figuras estáticas ou en movemento. Constitúen unha das máis antiguas artes do teatro de títeres e marionetas.
Neste video teredes varios exemplos de figuras feitas con esta técnica.


Agora experimentade vós e enviádenos as vosas figuras!




RETO CORPO EN FORMA: Corredor con láser



A proba de hoxe é moi sinxela e divertida. O que imos precisar son simplemente cordas, teas ou cintas, ademais de cinta adhesiva. Colocaremos as cordas pegando os extremos nas paredes do corredor da casa para xerar un zona que haberá que cruzar sin tirar ningunha das cintas colocadas, como vemos na imaxe. Seredes capaces de facelo? Ánimo!