Os nosos nomes son Sabela, monitora de baile moderno; Brais monitor de patinaxe e Marcelo, monitor de apoio e de educación especial.
Gustaríanos seguir en contacto con todos vós,
compañeiros do cole, familias e demais xente durante o tempo de cuarentena,
estando dentro das nosas casas, e para iso poñémonos a vosa disposición
para axudarvos.
Para iso pensamos en crear un xogo virtual, coa
intención de que chegue a todas as vosas casas e, deste xeito, intentar que
este tempo de espera se vos faga máis levadío e ameno.
Gustaríavos axudarnos? Animádevos, pero sempre desde as vosas casas!