mércores, 15 de abril de 2020

Reto 11

RETO MENTE EN FORMA: “Seguimos con forza”

Como ben sabedes, esta semana facemos un mes de confinamento, pero seguimos aínda con moita forza para superar esta complicada situación. Por iso queremos que nolo mostredes inventando un novo lema para afrontar o que nos queda por diante. Podedes acompañar tamén o lema dun debuxo que reforce a vosa mensaxe, como fixemos no primeiro reto! 







Así que agora, a crear un novo lema e un novo debuxo, queremos ver a vosa forza! 



RETO CORPO EN FORMA: “O parrulo mareado”

Imos poñer a proba hoxe o voso sentido da orientación e do equilibrio. Como? Pois para comezar colocaremos catro botellas, zapatos, ou calquera outra cousa que vos sirva de pequeno obstáculo. Colocarémolas aliñadas, como mostramos na imaxe, cunha pequena separación entre elas.



A continuación, detrás da primeira botella, teredes que dar 4 voltas sobre vós mesmos á dereita, e seguidamente, 4 voltas á esquerda. Nada máis rematar, teredes que camiñar en zigzag esquivando as botellas, non podedes tocalas! A ver se podedes chegar ao final evitando os obstáculos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario