mércores, 22 de abril de 2020

Reto 14

RETO MENTE EN FORMA: "Día Internacional do Libro"

Mañá, como cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Polo tanto, o noso reto de hoxe vai estar relacionado co mundo da lectura. 
Por isto, pedímosvos que nos enviedes unha foto do voso libro favorito acompañado dun breve resumo, que pode ser escrito ou gravado, pero feito por vós, para que todos poidamos coñecer diferentes historias e así axudarnos a escoller novas lecturas. 


Cuándo se celebra el Día del Libro 2019? - Recomendamos Libros

Agardamos as vosas respostas!



RETO CORPO EN FORMA: "Golf"

Imaxino que todos e todas saberedes en que consiste o golf. É un deporte de precisión que consiste en introducir unha pequena pelota nun buraco de pequeno tamaño tamén empregando un pao e no menor número de golpes posibles. 
Pois ben, hoxe imos crear un minigolf nas vosas casas. Como? Pois moi sinxelo, para facer os buratos podemos empregar papel pegándoo ao chan nos extremos con cinta adhesiva, de tal xeito que se forme unha pequena ponte, ou ben empregar como burato unha papeleira tumbada no chan.  Teremos que colocalo na estancia máis alonxada da entrada da casa.




Precisaremos tamén unha pequena pelota, e en vez de pao imos empregar o pé para desplazar a pelota. Teremos que chegar, desde un extremo da casa onde comezamos, ata o outro extremo onde colocamos o burato, no menor número de golpes posible. Intentade non rebotar coas paredes! Agora tócavos a vós, competide coas vosas familias e mandádenos os vosos vídeos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario