venres, 27 de marzo de 2020

Reto 3



PROBA CORPO EN FORMA: "O canguro"



Para rematar a semana facendo un pouco de deporte propoñémosche 4 sinxelos exercicios con coxíns ou calquera outro elemento que sirva como obstáculo na casa cos que poderemos imitar aos canguros. Collemos o coxín, poñémonos de pé e imos aló:

Exercicio 1: Colocamos un coxín no chan, poñémonos diante del, saltámolo coa dereita e apoiámonos do outro lado na esquerda. Facemos o mesmo saltando coa esquerda e apoiando coa dereita. Repetir 4 veces con cada perna.

Exercicio 2: Colocamos un coxín no chan, poñémonos diante del e, á pata coxa, saltámolo. Facémolo 2 veces con cada perna.

Exercicio 3: Colocámonos diante do coxín e saltamos cos dous pés xuntos. Repetimos 4 veces.

Exercicio 4: Colocamos dous coxíns con espazo entre eles. Saltamos coas dúas pernas xuntas os dous coxíns consecutivamente, coma se foramos canguros. Repetir 3 veces.

Se dispós de máis espazo tamén podes empregar máis obstáculos. E xa sabes, se consegues ser un canguro máis non esquezas enviarnos o vídeo!


PROBA MENTE EN FORMA: "EFECTO DOMINÓ"




O reto deste venres será o de facer un efecto dominó, no que teredes que colocar pezas, cartas ou calquera cousa que se vos ocorra, unhas despois das outras para conseguir tiralas todas movendo soamente a primeira. 

Aquí vos deixamos un exemplo realizado por un dos monitores. Non vale copiar!








Agardamos os vosos vídeos!