luns, 6 de abril de 2020

Reto 7

PROBA MENTE EN FORMA: "Palabras revoltas"

Para comezar esta semana terás que axudarnos a colocar correctamente as letras para descubrir as palabras relacionadas co teu centro educativo. Seguro que son máis sinxelas do que parecen e podes dar con todas elas!

ACELOS
ALETAZA
TEDATESNUS
TIAPO
ISIXONMA



PROBA CORPO EN FORMA: "Cruzando o río"

Para mover o corpo esta semana terás que cruzar o río dentro da túa propia casa. Como? Pois deberás percorrer o corredor da casa, a sala ou a habitación pero só servíndote de dous coxíns, sen poder tocar o chan, do xeito que che mostramos no seguinte vídeo.




Poderás cruzar o río sen mollarte? Anima a túa familia a facelo tamén e mandádenos o vídeo demostrándoo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario