Reto 1

23 de Marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai fuerza"




Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e, como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo vivible con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortes.

O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil, non?? Pois adiante…


PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:


Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces 
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. 
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos. 
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.


Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".