luns, 25 de maio de 2020

Reto 28


RETO MENTE EN FORMA: Sombras chinescas



O reto que vos imos a propoñer hoxe trata de realizar as sombras chinescas, que se consegue cando interpos as mans ou outros obxetos entre unha fonte de luz e una superficie clara (pantalla ou parede), de maneira que a posición e o movemento das mans proxectan sombras que representan figuras estáticas ou en movemento. Constitúen unha das máis antiguas artes do teatro de títeres e marionetas.
Neste video teredes varios exemplos de figuras feitas con esta técnica.


Agora experimentade vós e enviádenos as vosas figuras!




RETO CORPO EN FORMA: Corredor con láser



A proba de hoxe é moi sinxela e divertida. O que imos precisar son simplemente cordas, teas ou cintas, ademais de cinta adhesiva. Colocaremos as cordas pegando os extremos nas paredes do corredor da casa para xerar un zona que haberá que cruzar sin tirar ningunha das cintas colocadas, como vemos na imaxe. Seredes capaces de facelo? Ánimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario