domingo, 29 de marzo de 2020

PEPITA É ESPECIAL






Gustaríame compartir con vos un conto que seguro que moitos non coñecedes, chámase Pepita é especial. E un conto dunha nena que ten Síndrome de Down e que foi escrito pola súa nai.

Con motivo do pasado sábado 21 de Marzo no que se celebrou o Día Internacional do Síndrome de Down comparto con todos vos esta historia para que a leades en familia. 

A síndrome de Down é unha alteración xenética que se produce pola presenza dun cromosoma extra (o cromosoma é a estrutura que contén o ADN) ou unha parte del, no par 21 (ademais dos dous que existen habitualmente); por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21. 

Debo salientar que non é unha enfermidade, aínda que si ten unha maior incidencia de determinados problemas de saúde: cardiopatías, enfermidades respiratorias… 

Os deixo o enlace ao Protocolo de Síndrome de Down que ten a xunta por si tedes algunha curiosidade. 







Feliz Domingo a todos!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario