Hoxe propoñémosvos como reto un xogo clásico como é a sopa de letras. Nela estarán agochadas os nomes galegos das vosas cores favoritas. Atréveste a descubrilas todas?
Ademais, como extra, hai unha palabra oculta relacionada coa situación que estamos a vivir... Non esquezades enviarnos as vosas respostas, queremos ver se sodes quen de dar con todas elas!
PROBA CORPO EN FORMA: "Carreira de tartarugas"
Agora para mover o corpo lanzámosvos un reto para que o poidades facer na casa cos vosos pais, nais, irmáns ou irmás: unha carreira polo corredor da vosa casa... Pero correndo coma as tartarugas. Para iso teredes que ir apoiados no calcañar do pé. No vídeo explicámosvos máis.
Lembrade que canta máis xente participe máis puntos conseguiredes, así que animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario