RETO MENTE EN FORMA: “A froitaría”
No reto de hoxe teredes que ir á froitaría, pero sen saír da
casa. Para iso propoñémosvos 3 imaxes nas que cada froita ten un prezo oculto,
e teredes que adiviñar a través de operacións matemáticas sinxelas, o prezo
final da vosa compra. Estades preparados? Pois mandádenos os resultados!
RETO CORPO EN FORMA: “Figuras de patinaxe”
Hoxe, aínda que non imos precisar patíns, propoñemos facer tres figuras ben sinxelas: a “grulla”, o anano, e a araña. No seguinte vídeo explicamos como facelas. Animádevos!
Agardamos as vosas respostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario