xoves, 30 de abril de 2020

Día Internacional do Jazz

O jazz é un estilo musical que se orixinou no sur dos Estados Unidos hai máis de cen anos, pero que ten as súas raíces en África e na mestura das tradicións musicais africanas e europeas. Por esta variedade cultural, o jazz é visto como unha forma importante de arte internacional, sendo un exemplo de paz, diálogo entre culturas de todo o mundo, diversidade e respecto polos dereitos humanos. 

Coa finalidade de darlle visibilidade en todo o mundo, hoxe 30 de abril celébrase o Día Internacional do Jazz. Como mostra, e para saber un pouco máis sobre este estilo musical, deixámosvos aquí a versión de jazz dunha canción que seguro coñeceredes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario