Que é "Xaque ao Virus"?
É unha proposta online para o fomento dunha saúde tanto física como mental adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia do coronavirus. A devandita proposta está orientada a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte no Centro", "Ocio Educativo" e "Luditarde", para así seguir mantendo a oferta educativa a todas as familias inscritas nestes programas.
Obxectivo do xogo
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.
Que son os Retos?
Son probas sinxelas que tes que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación seguro que as completarás facilmente.
Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu centro os luns, mércores e venres ás 12:00h. DISPOÑERÁS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

Como supero os retos?
É moi sinxelo: bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico deste blog.
LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!
LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!