martes, 5 de maio de 2020

Alfabeto dactilolóxico

Ola a todos e todas! 
Sabedes o que é o alfabeto dactilolóxico? Seguramente por ese nome non entendades moito, pero se falamos de alfabeto manual xa vos soa algo máis?
Pois o alfabeto dactilolóxico ou manual é un sistema de representación das letras dos alfabetos das linguas orais e escritas empregando as mans. Así pois, compartimos convosco un vídeo sobre este alfabeto para que poidades aprender a representar o voso nome mediante xestos sinxelos coas mans. Ademais, na canle de Youtube poderedes ver vídeos explicando un pouco máis o que é a dactiloloxía e tamén a lingua de sinais. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario