venres, 29 de maio de 2020

Entrega de Diplomas e Medallas

Vos informamos que este 1, 2 e 3 de Xuño se fara unha entrega de diplomas e medallas a todos os nenos e nenas que participaron no programa ``Xaque ao Virus´´.


Esta entrega farase no Forum Metropolitado nos dias indicados no parrafo anterios e no horario de 16.00h a 18.00h. 

Como no forum aun no esta aberto ao publico, na entrada deberedes de identificarvos e sera obrigatorio o uso de mascarilla. 



Moitas grazas de novo pola vosa implicacion neste programa. Esperamos que todos pasedes un bo verán, un bico forte dons monitores deste blog. 




xoves, 28 de maio de 2020

Unha nova etapa comenza...

Como xa os dixemos na publicación anterior esta semana rematamos co programa educativo ``Xaque ao Virus´´ e os queremos agradecer de novo a vosa participación. 

A partir do dia 22 de xuño comenzaremos unha nova etapa dando paso a ``Con Cilia Verán 2020´´Este programa organizado Federacion Provincial de ANPAS conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliacion das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este periodo vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal  desta proposta. 

Aquí os deixamos uns enlaces onde podereis consultar calquer información do programa.
https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-veran-2020
Pinchade na imaxe e accederedes a páxina relacionada: 







mércores, 27 de maio de 2020

Reto final

Estamos na última semana de Xaque ao Virus, e en concreto no reto final... Pero hoxe non traemos ningún reto nin ningunha última proposta para vós. Simplemente queremos agradecervos o esforzo e dedicación que tivestes ao longo destas semanas, agradecervos por decidir ser parte deste xogo, por animarnos tamén a nós coa vosa implicación. Esperamos que polo menos vos puidéramos axudar cos retos a mantervos un pouco máis entretidos e entretidas nas vosas casas.

Por iso hoxe aproveitamos esta entrada para publicar algunhas das respostas que nos foron chegando ao longo dos días como respostas aos retos propostos. 

MOITAS GRAZAS!!!
































martes, 26 de maio de 2020

Aprende xogando

   Bos días a todos, a entrada de hoxe no blog e para mostraros una página web moi entretida e educativa xa que nuestra páxina ofrecense moitisimos xogos centrados na aprendizaxe, estos xogos están organizados por cursos e asignaturas, dende xogos para menos e nenas de educación infantil ata para os mais maiores de 5° e 6° de primaria. 
   Se vos animades a entrar e xogar a algún de todos os xogos que teñen seguro que vos gustará e aparte aprenderedes cousas novas xogando. 
   Clicando enriba de "xogos educativos" entraredes directamente a esta páxina.

luns, 25 de maio de 2020

Clasificación Xeral 9

Comeza a derradeira semana de Xaque Ao Virus con case 40.000 antivirus acadados entre todos os centros participantes. 



Unha vez máis, agradecer a vosa participación. Aproveitade as sesións desde a casa esta semana, pois tamén suman puntos!

Este é o calendario da semana:

Reto 28


RETO MENTE EN FORMA: Sombras chinescas



O reto que vos imos a propoñer hoxe trata de realizar as sombras chinescas, que se consegue cando interpos as mans ou outros obxetos entre unha fonte de luz e una superficie clara (pantalla ou parede), de maneira que a posición e o movemento das mans proxectan sombras que representan figuras estáticas ou en movemento. Constitúen unha das máis antiguas artes do teatro de títeres e marionetas.
Neste video teredes varios exemplos de figuras feitas con esta técnica.


Agora experimentade vós e enviádenos as vosas figuras!




RETO CORPO EN FORMA: Corredor con láser



A proba de hoxe é moi sinxela e divertida. O que imos precisar son simplemente cordas, teas ou cintas, ademais de cinta adhesiva. Colocaremos as cordas pegando os extremos nas paredes do corredor da casa para xerar un zona que haberá que cruzar sin tirar ningunha das cintas colocadas, como vemos na imaxe. Seredes capaces de facelo? Ánimo!

domingo, 24 de maio de 2020

XOGO EN CASA: Ultima semana, ultimas clases!!

Continuamos coa diversión online.

Moitas grazas pola boa acollida destas sesión.

Este é o calendario da vindeira semana. 

 Reserva a túa praza enviando un correo electrónico a dirección deste mesmo blog. 

Enviarémosche o id e a contrasinal para acceder diractamente a sesión escollida dende a aplicación de zoom.  

sábado, 23 de maio de 2020

Película para o fin de semana

Este fin de semana imos con outra película clásica dos anos 90. 

Chamase Chitty Chitty Bang Bang é unha pelicula do ano 1968 protagonizada por o famoso actor Dick Van Dyke que interpreta a un excéntrico inventor que consegue converter un vello coche de carreras nun vehículo que podería voar  e flotar sobre a auga ao que denomino Chitty chitty bang bang. Con este coche viaja xunto co seu pai, os seus fillos e a sua namorada a un mundo máxico de castelos poblado por piratas e viven aventuras sen fin. Xuntos enfréntanse ao ladrón Bomburst e a outros villáns. 

Foi nominada ao Oscar por mellor canción orixinal: ``Chitty chitty bang bang´´. E tivo duas nominacións aos Globos de Oro por mellor banda sonora e mellor tema orixinal. 



É unha pelicula muy divertida e estupenda para ver en familia. 
Aqui vos deixamos unha das suas cancións máis famosas.  



venres, 22 de maio de 2020

Reto 27

Retos Express


ADIVIÑA ADIVIÑANZA


A ver se sodes capaces de adiviñar todas as peliculas de Disney que aparecen nesta imaxe, se as sabedes contestadenos directamente na entrada no blog. 


BUSCANDO A WALLY

Non si a vós pero a min este xogo encantabame de pequena, seguro que a vós tamén os gusta os reto a que atopedes a Wally nestas duas imaxenes, solo tedes que contestarnos describindonos en que lado da imaxe esta. Por se algúns non sabedes quen a Wally os vou deixar unha imaxe del aquí mesmo. 


Este é Wally




Moito animo e a xogar!!

xoves, 21 de maio de 2020

Día Mundial da Diversidade Cultural

Desde o ano 2003 celébrase cada 21 de maio o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento. E cal é a finalidade deste día? Pois algo tan sinxelo como apoiar a diversidade, o diálogo, a inclusión e a cooperación entre as distintas culturas existentes no planeta.

https://www.diainternacionalde.com/imagenes/dias/mayo/05-21_dia-mundial-diversidad_manos_m.jpg

"A diversidade cultural é un patrimonio común. (...) Respectar aos demais e ás súas culturas, respectar as liberdades e os dereitos humanos" foi a declaración da UNESCO no ano 2001 na que se baseou a Asamblea Xeral das Nacións Unidas para declararen o 21 de maio como Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento. Por iso hoxe vos deixamos este vídeo co motivo desta celebración.




mércores, 20 de maio de 2020

Reto 26

RETO MENTE EN FORMA: "As diferenzas"

Hoxe traémosvos un xogo que xa é un clásico: o xogo das diferenzas. Para iso vos imos deixar 3 pares de imaxes, de menor a maior dificultade, dos que deberedes atopar as diferenzas entre cada par de debuxos. Daredes resolto todas as diferenzas de todas as imaxes? Podedes enviarnos as respostas describindo as diferenzas atopadas ou ben remarcándoas nas propias imaxes. Adiante!



Imaxe 1
https://s1.qwant.com/thumbr/700x0/2/0/2984eae529d728719489964fd25d47b9f7eb99d67f31a0653a6e989a5520c0/diferencias5.png?u=http%3A%2F%2F4.bp.blogspot.com%2F-3xB77Dfx0IY%2FUW-IxtoaJTI%2FAAAAAAAAHJs%2FdIPNUb4XJPU%2Fs1600%2Fdiferencias5.png&q=0&b=1&p=0&a=1


Imaxe 2

https://s2.qwant.com/thumbr/700x0/f/d/4776676a43c14a3e584bec2bd432de902c181858f464e0ffaed66a21f7820e/e21367_e7ee86b56a114be2ad54d3f0e5ead50c.jpg?u=https%3A%2F%2Fstatic.wixstatic.com%2Fmedia%2Fe21367_e7ee86b56a114be2ad54d3f0e5ead50c.jpg&q=0&b=1&p=0&a=1


Imaxe 3

https://s2.qwant.com/thumbr/700x0/6/7/64d7a254164461e5ee8d9dc1456bd1fe1b9f43324410634df322c4ac654ef3/el-juego-de-las-diferencias-para-saber-si-eres-inteligente-tienes-4-minutos-para-resolverlo.jpg?u=https%3A%2F%2Fwww.ecestaticos.com%2Fimagestatic%2Fclipping%2F912%2F875%2F9128751488201e74342051191e75d3fb%2Fel-juego-de-las-diferencias-para-saber-si-eres-inteligente-tienes-4-minutos-para-resolverlo.jpg%3Fmtime%3D1523448126&q=0&b=1&p=0&a=1




RETO CORPO EN FORMA: "Baloncesto"


Neste reto precisaremos unha caixa, un cubo, unha cesta ou unha papeleira, e obxectos brandos que teñades pola casa, como peluches pequenos, pelotas brandas, calcetíns, etc. Colocaremos no chan a caixa a un par de metros, e os obxectos ben preto de nós. Estando preparados, sentados no chan, deberemos lanzar no menor tempo posible todos os obxectos dentro do cesto. Queremos ver como encestades todo, que non quede ningún xoguete fóra!






martes, 19 de maio de 2020

Contacontos: Los Lumbas

Lembrámosvos que este mércores 20 de maio ás 19:00h vos agardamos no contacontos do conto ``Os Lumbas´´.

Contaremos coa presencia dos autores do propio libro, Marina Fernandez e Pablo Lorenzo, que ademais serán os encargados de facer o contacontos.  

Se estás interesado ou interesada en participar mándanos un mail a: fapaszalaeta@gmail.com, e mandarémosche o contrasinal do Zoom para entrares na reunión. 



Origami

Lembrades o reto no que vos propuxemos facer figuras de origami? Pois ben, se quedastes con ganas de máis traémosvos hoxe unha canle de Youtube na que poderedes aprender a facer novas figuras e tamén novas ideas para facer outras manualidades, todas elas co simple uso dunha folla de papel.
Esta canle chámase 'Juntines Planes', e a continuación vos deixamos como mostra un vídeo no que nos aprenden a facer animais de papel. A desfrutalo!



luns, 18 de maio de 2020

Sesion de Maxia

Os recordamos que mañana temos unha sesion de maxia as 16:00h cos nosos compañeiros Jacobo e Dario. 

Non vola podedes perder!!


Reto 25

RETO MENTE EN FORMA: A caixa misteriosa.

Este reto vai consistir en adiviñar obxectos so a traves do tacto, para facelo hay que conseguir unha caixa a que lle faremos un burato no que nos entre a man, e con axuda de papá ou mamá que teran que poñer un obxecto dentro da caixa sin que o podades ver, cando este dentro teredes que meter a man dentro da caixa e nun minuto so tocando con unha man hai que adiviñar o que hay dentro. Podedes facer o reto as veces que querades e tamen cambiar as normas, sendo vos os que escollades o que meter na caixa para que os vosos pais ou irmas adiviñen.


RETO CORPO EN FORMA: Reto numérico.

Para este reto precisamos 9 folios numerados do 1 ao 9 que colocaremos no chan separados uns doutros. Nós nos colocaremos no centro de todos os números, imos precisar tamen a outra persoa que irá dicindo números para o que esta no centro toque eses números en orden sen eqeuivocarse, habera que comenzar con números de entre 2 e 3 cifras e ir aumentando pouco a pouco, para facelo máis dificil tamen vos poderan dar unha suma ou unha resta na que o resultado sexan os números que están no chan.  A ver quen ten máis velocidade de reacción.






Clasificación Xeral 8

Levamos oito semanas de xogo e case 35.000 puntos acadados entre os 27 centros participantes. Seremos capaces de chegar esta semana aos 40.000 puntos? 

Non é doado, pero xuntos seguro que podemos.

Ánimo!!!


domingo, 17 de maio de 2020

Xogo en casa: nova semana. novas propostas.

Continuamos coa diversion online.
Moitas grazas pola boa acollida das sesións da semana pasada.

Vos propoñemos máis actividades divertidas para facer en casa. Ahí vai o calendario para esta semana. 


Reserva a túa praza enviando un correo a este mesmo blog .
Enviaremosche a Id e a contrasinal para acceder direstamente a sesión escollida a traves da aplicación de zoom. 

XOGO EN CASA: Ultima semana, ultimas clases!!

Continuamos coa diversión Online.
Moitas grazas pola boa acollida destas sesións.

Este é o calendario da vindeira semana. 


Reserva a túa praza enviando un correo electrónico ao enderezo deste blog. 

Enviarémosche o ID e a contrasinal para acceder directamente a sesión escollida a través da aplicación de zoom. 

sábado, 16 de maio de 2020

Croissants recheos de chocolate

Este fin de semana os imos deixar unha receta moi sinxela para facer en familia.

Imos facer croissants recheos de chocolate. Para isto precisamos os seguintes ingredintes:


  1. Unha lamina de hoxaldre.( A podemos mercar no supermercado)
  2. Nocilla ou unha tableta de chocolate.
  3. 1 ovo.
Pasos:

  • Precalentar o forno a 180º.
  • Extendemos a lamina de hoxaldre e con un coitelo a cortamos a metade e logo cada metade en triangulos.
  • A continuación ponemoslle unha onza de chocolate ou un pouco de nocilla no extremo máis groso do triangulo.
  • O enrolamos dende a parte mais grosa ata a punta do triangulo a lle damos forma a os extremos.
  • Pintamo os croissants con ovo.
  • Metemos no forno a 180º uns 20min.
  • Vixilade que non se vos queman e cando esten doradiños os sacades do forno.