Como xa vos adiantamos no reto de onte, este domingo é 17 de maio, e tódolos anos nesta data se celebra o Día das Letras Galegas, porque outro 17 de maio, en concreto de 1863, Rosalía de Castro publicaba 'Cantares Gallegos', unha obra imprescindible da literatura galega. Este ano, sen embargo, por mor do coronavirus, o acto das Letras Galegas pasará a ser o 31 de outubro, para que poida ser debidamente celebrado.
Cada ano homenaxéase un escritor ou escritora, sendo este o ano de Ricardo Carvalho Calero (nado como Ricardo Carballo Calero), unha figura fundamental dentro da lingua galega. Aquí vos deixamos un vídeo realizado polo alumnado do Colexio San Pío X de Ourense no que explican algo máis da vida e obra deste autor.

A modo de introdución: sabedes por que escribiu o seu apelido "Carvalho" e non "Carballo"? Pois porque defendía unha grafía da lingua galega máis próxima á grafía portuguesa, tanto que durante a súa vida pasou a asinar como Carvalho todas as súas obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario